18/05/15

Ruta da nosa viaxe

    O noso Proxecto Interdisciplinar de 1º da ESO- curso 2014/15-, que se centra nas expedicións e as persoas que as levaron a cabo, está concibido por súa vez como unha viaxe de dobre vía, un periplo a través do tempo e do espazo, onde se intenta que os propios alumnos sexan navegantes nese proceloso mar das redes de información e das fontes de coñecemento. Por iso este proxecto denomínase Docunautas.
    Á hora de abranguer este amplo tema decidimos que o alumnado buscase respostas ás preguntas clave que se dan en todo coñecemento científico: Que causas nos impulsan a desprazamos? Cando se produciron estes movementos humanos? Quen os protagonizaron? Onde se dirixiron? Como o lograron? Con que consecuencias?...
Só tedes que despregar cada pestana para acceder coñecer as respostas.
Así empezou a nosa viaxe polo coñecemento, agora podes comezar o teu!